Monday 06 de May de 2024

Mesía doa 3.000 € á xunta local da AECC Ordes


 

A xunta local da AECC de Ordes vén de facer público o seu agradecemento ao Concello de Mesía polo donativo de 3.069,93 € tras a organización do XI Torneo Solidario Fútbol Sala Mesía disputado recentemente. Un agradacemento que fan extensible á veciñanza e firmas comerciais da zona pola súa xenerosidade á hora de achegarse ata as huchas colocadas. A asociación quere agradecerlle a Mariano Iglesias, alcalde de Mesía, e á carpintería Ramón García a realización en madeira do seu anagrama.